Alumnos recén titulados de FP de Grao Medio de prácticas co programa Erasmus+
Enviado por carmenc o Lun, 21/11/2022 - 11:47
Dous alumnos de Formación Profesional de Grao Medio vanse de Erasmus para iniciar unhas prácticas como recén titulados de Coidados Auxiliares de Enfermería. Martín fará prácticas en Italia e Begoña fará prácticas en Portugal.
Este tipo de experiencias de mobilidade son promovidas pola Unión Europea entre os estudantes de Formación Profesional nunha aposta polo desenvolvemento da cidadanía europea e a mellora das competencias persoais e sociais, ademáis das competencias técnicas.
Parabéns e sorte para os dous!