Movementos obreiros femininos

Na conquista dos dereitos laborais e no movemento obreiro tiveron un papel moi importante as mulleres, protagonistas de importantes revoltas laborais.

O alumnado de 1ºA CS IDMN do IES procuraron información sobre 9 destes grandes movementos, dos cales posteriormente elaboraron unhas presentacións.

Nunha actividade conxunta coa profesora Leonor Giménez, titular da Materia de Xeografía e Historia de 4º ESO, as persoas que cursan Imaxe para o Diagnóstico (1º curso, grupo A) compartiron a información recollida e expuxeron estes movementos obreiros femininos na aula de 4ºESO. (Actividade publicada na anterior entrada deste blogue)

Agora compartimos o traballo do alumnado, ao cal se pode acceder premendo na seguinte imaxe. Ahí, premendo na imaxe, podedes ver un resumo dos movementos analizados, presentados na ferramenta de Google Earth, ao mesmo tempo que podedes acceder a cada unha das presentacións elaboradas polo alumnado premendo nas ligazóns correspondentes.

PREME NA IMAXE