CALES SON AS FUNCIÓNS MÁIS RELEVANTES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CARA A PAIS E NAIS?
- Deseñar estratexias encamiñadas á prevención e atención temperá das distintas dificultades do alumnado.
- Facilitar a colaboración centro-familia no proceso educativo.
- Favorecer a orientación académico-profesional do alumnado.
- Crear canles coas distintas institucións do contorno, abrindo o centro á comunidade.
- Facilitarlle á comunidade educativa o asesoramento e apoios necesarios, para que o alumnado poida decidir en momentos decisivos e importantes.
- Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de orientación e titoría.
QUEN SON OS CONSTITUÍNTES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO?
- A Xefa do Departamento, que é a orientadora
- A profesora de pedagoxía terapéutica
- Dous titores:
o Un do ámbito socio-lingüístico
o Un do ámbito científico tecnolóxico
- O profesor de F.O.L.
CALES SON AS FUNCIÓNS DO TITOR OU TITORA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA?
O titor é unha figura que ten unha grande importancia na relación entre o centro e as familias e constitúe, en primeira instancia, o interlocutor inmediato con estas.
Entre as súas función, están:
- Proporcionar ás familias información sobre o calendario escolar, os programas escolares, horarios, actividades extraescolares, etc.
- Informar ao profesorado do grupo, aos pais e nais e ao alumnado sobre todo o referido ao seu rendemento académico.
- Controlar as faltas de asistencia e puntualidade e informar ás familias.
- Fomentar a colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación.
- Efectuar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe de cada alumno ou alumna para detectar posibles dificultades.
- Facilitar a integración do alumnado na súa aula e no centro, fomentando a súa participación.
- Informar ao profesorado sobres as características de cada alumno ou alumna.
- Coordinar os procesos de avaliación do alumnado.
- Orientar as demandas e inquedanzas do alumnado e mediar ante o resto de profesorado, alumnado ou equipo directivo ante os problemas que se presenten.
ENLACE AO DECÁLOGO DE COMPETENCIAS ESIXIDAS NO MERCADO LABORAL