Skip to Content

Saídas profesionais

As persoas que obteñen o título de técnico en peiteado e cosmética capilar exercen o seu labor profesional de forma autónoma ou ben, integrándose en empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social onde desenvolven tarefas de prestación de servizos e comercialización.

O perfil profesional deste título marca unha evolución cara ás competencias relacionadas co desenvolvemento de procesos de peiteado que utilizan técnicas e produtos cada vez menos agresivos para o cabelo, potenciando a integridade capilar.

Desenvolve o seu labor profesional en:

- Salóns de perrucaría como peiteador, técnico en coloracións capilares, en corte, ou postizaría. 

- Técnico colaborador con profesionais do ámbito sanitario en centros de tratamentos capilares.

- Técnico en manicura e pedicura

- Nos departamentos comerciais de empresas do sector.

- Departamentos de perrucaría de televisión, estudios de gravación ou teatros..

- Equipos comerciais de empresas do sector  que desenvolven a súa actividade no ámbito da perrucaría como probadores, demostradores ou vendedores.

- En balnearios, hoteis, pasarelas de moda...



page | by Dr. Radut