Skip to Content

Cosmética para peiteado

 Este módulo contén a formación soporte necesaria para coñecer os diferentes tipos de cosméticos usados na profesión de perrucaría, os principios activos responsables da súa acción, a elección dos mesmos en función do tipo de cabelo...co obxecto de traballar "con fundamento".

Co desenvolvemento dos contidos deste módulo aprenderás a:

- Coñecer os procedementos de preparación de produtos cosméticos para peiteado e caracterizar os cosméticos mediante a análise de súa composición.

- Identificar e seleccionar os cosméticos, tendo en conta a relación entre as súas características e o proceso técnico de peiteado ou de tratamento de mans e pés.

- Coñecer as condicións óptimas de conservación e almacenaxe dos cosméticos.

- Asesorar á clientela sobre o uso de produtos e sosméticos para peiteado.



page | by Dr. Radut