Skip to Content

Imaxe corporal e hábitos saudables

 Este módulo proporciona a formación relacionada coa imaxe corporal e os hábitos saudables necesarios para o desenvolvemento dos procesos de peiteado, barbaría, perfumaría e estética. Abrangue aspectos relacionados con:

- Caracterización da imaxe corporal da clientela

- Selección do servizo de imaxe persoal

- Aplicación das medidas de seguridade e hixiene nos distintos servizos.

Coa formación adquirida neste módulo apréndese todo o relacionado con:

- Recoñecemento das estruturas do corpo humano e os seus aparellos e sistemas.

- Identificación das funcións corporais.

- Interpretación das medidas de seguridade e hixiene e dos protocolos de prevención de riscos laborais.

- Posta en práctica das medidas ergonómicas e as posturas corporais.



page | by Dr. Radut