CICLO DE GRAO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS (+info)
Andas na procura dun ciclo de grao superior que se imparta só polas mañás? Queres estudar algo práctico que che permita atopar un traballo fácilmente? Chaman a túa atención as tarefas de oficina? Gustaríache mellorar o teu inglés? Pensaches algunha vez na posibilidade de irte de ERASMUS a un país estranxeiro? Se a túa resposta é sí, sigue lendo porque isto che vai interesar…
Que vou a aprender no CS de Administración e finanzas?
No CS de Administración e finanzas aprenderás a realizar as principais tarefas administrativas que se levan a cabo nunha empresa, por exemplo emitir facturas, atender telefónicamente aos clientes, manexar programas ofimáticos, levar a contabilidade, xestionar documentación bancaria, preparar unha nómina… e incluso terás a oportunidade de crear e poñer en marcha o teu propio proxecto empresarial!
Cando remate o CS de Administración e finanzas, que poderei facer?
TRABALLAR
Unha multinacional téxtil, unha startup tecnolóxica, unha empresa de automoción, unha correduría de seguros, un centro de saúde, un concello… sabías qué en tódalas empresas privadas e organismos públicos, sexa cal sexa o seu tamaño ou actividade, necesítase persoal administrativo? O CM de Xestión administrativa diríxise a todas aquelas persoas que queiran formarse coma ADMINISTRATIVO/A nas súas diferentes especialidades:
- Administrativo/a de oficina.
- Administrativo/a comercial e atención ao cliente.
- Administrativo/a financieiro - contable.
- Administrativo/a de loxística.
- Administrativo/a de persoal.
- Administrativo/a de banca e de seguros.
- Administrativo/a de asesorías ou xestorías.
- Administrativo/a da Administración pública.
SEGUIR ESTUDANDO
Por outra banda se o que te plantexas é seguir estudando, con este título poderás acceder a un Grao universitario, tendo a opción de solicitar a convalidación de varias asignaturas dependendo dos estudos escollidos (Ex . Co título do CS Administración e finanzas podes convalidar ata cinco materias do Grao de Administración e dirección de empresas, para máis información consulta o seguinte arquivo ).
Cales son os módulos que vou a estudar no CS de Administración e finanzas?
O CS de Administración e finanzas estructurase en dous cursos académicos ao longo dos cales cursarás os seguintes módulos ou materias, sempre dacordo a un enfoque práctico centrado nas tarefas que efectivamente vas ter que desempeñar na empresa:
Curso
|
Módulo profesional
|
h/sem
|
1º
|
Proceso integral da actividade comercial
|
5
|
Ofimática e proceso da información
|
9
|
Comunicación e atención á clientela
|
6
|
Recursos humanos e responsabilidade social corporativa
|
3
|
Inglés
|
6
|
Xestión da documentación xurídica e empresarial
|
3
|
Formación e orientación laboral
|
4
|
2º
|
Contabilidade e fiscalidade
|
9
|
Simulación presencial
|
8
|
Xestión de recursos humanos
|
6
|
Xestión financeira
|
7
|
Xestión loxística e comercial
|
6
|
PRÁCTICAS EN EMPRESAS + PROXECTO DE AeF
|
Canto duran as prácticas do CS de Administración e finanzas e onde podería facelas?
Unha vez teñas aprobado todos os módulos que integran o CS de Administración e finanzas poderás acceder ao período de prácticas ou FCT, que ten unha duración de 3 meses aproximandamente (384 horas).
O IES Ribeira do Louro está situado nunha zona estratéxica preto de grandes polígonos industriais así que dispoñemos dunha rede ampla e estable de empresas colaboradoras onde poderás realizar as túas prácticas coas máximas garantías de aproveitamento e profesionalidade. Cabe sinalar que a taxa de inserción laboral do noso CS de Administración e finanzas é moi elevada, de feito moitos dos nosos estudantes son contratados directamente polas empresas una vez teñen rematado o seu período de prácticas nas mesmas.
Cinco motivos para estudar o CS Administración e finanzas no IES Ribeira do Louro frente a outros centros educativos!
1) HORARIO EXCLUSIVAMENTE DE MAÑÁ
As clases do CS de Administración e finanzas no IES Ribeira do Louro son exclusivamente en horario de mañá de modo que poderás dispor das tardes libres para compatibilizar a túa vida persoal e laboral.
2) FORMACIÓN EN INGLÉS
Hoxe en día a nivel laboral os idiomas son fundamentais e particularmente no caso dos profesionais administratrivos dispor dun título de inglés incrementa considerablemente ás súas posibilidades de atopar un bo traballo. No CS de Administración e finanzas no IES Ribeira do Louro terás a oportunidade de estudar en réxime bilingüe en inglés as asignaturas de Comunicación e atención ao cliente (1º Curso) e Simulación empresarial (2º curso) e ademáis poderás matricularte nun curso gratuito e voluntario impartido polo propio instituto para preparar os exames oficiais de certificación da Escola Oficial de Idiomas, Cambridge, Trinity…
3) VISITAS A EMPRESAS E INSTITUCIÓNS NACIONAIS E INTERNACIONAIS
Como estudante do CS de Administración e finanzas no IES Ribeira do Louro poderás participar cada curso nunha ou varias saídas académicas nacionais ou internacionais para visitar empresas ou organizacións que se consideren relevantes para o traballo administrativo.
4) MOBILIDADES ERASMUS
Ademáis, poderás solicitar mobilidades ERASMUS para estudar ou realizar prácticas laborais nunha empresa ou institución dun país europeo (Ex. Italia, Irlanda, Malta, Portugal…) recibindo a correspondente axuda económica para sufragar os teus gastos durante a estadía.
5) BOLSA DE EMPREGO PROPIA
Unha vez rematado o ciclo, se o que queres é traballar, o IES Ribeira do Louro dispón dunha Bolsa de Emprego propia na que os nosos estudantes titulados poden inscribirse e así recibir ás diferentes ofertas laborais que nos remiten as empresas da zona. Cabe sinalar que dende a súa creación son moitos os estudantes que conseguiron un posto de traballo grazas a esta iniciativa e moitas as empresas que puideron atopar o persoal cualificado que estaban buscando!
Que teño que facer para matricularme no CS de Administración e finanzas do IES Ribeira do Louro?
En primeiro lugar para poder matricularte no CS de Administración e finanzas deberás cumprir con algún destes requerimentos:
- Ter o título de Bacharelato.
- Ter un título de Formación Profesional de Grao medio.
- Ter superado a proba de acceso a Ciclos formativos de Grao superior.
Se este é o teu caso, non dubides en poñerte en contacto coa Secretaría do IES Ribeira do Louro en horario de Luns a Venres de 09:00 h a 14:00 h para recibir a información correspondente e unirte á nosa comunidade educativa!