Co gallo da conmemoración
do Día Internacional do Neno, o pasado 20 de novembro, o noso alumnado
participou no Pleno Infantil do Concello de O Porriño, celebrado este ano por
vía telemática.
Nel participaron todos os
centros educativos da localidade -CEIP Xosé Fernández López, CEIP Atios, CEIP
Ribeira, CEIP Antonio Palacios, Centro ACEESCA, Centro Hermanos Quiroga, IES
Pino Manso e, o noso, IES Ribeira do Louro- e reflexionaron sobre a situación
actual sanitaria e as súas consecuencias nos dereitos fundamentais da infancia.
Para rematar, fixeron as súas propostas para a celebración dun Nadal
diferente.
A experiencia foi todo un
éxito, sen dúbida froito do esforzo e o labor de todos e cada un dos
participantes.
Aquí vos deixamos as
cartas que os nosos vocais infantís escribiron para ler no pleno.