Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE APERTURA DO CENTRO E PRAZOS ADMINISTRATIVOS

Seguindo as medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do COVID-19 o centro permancerá PECHADO AO PÚBLICO. Para consultas ou máis información contactar no 986 333 956 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Todos aqueles pazos que xa estaban iniciados (solicitudes de admisión alumnado) ou que se iniciaban no día de hoxe (solicitude de probas libres da ESO para maiores de 18 anos), quedan SUSPENDIDOS tal e como establece a medida 7 da resolución da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

"Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das ad-ministracións públicas. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución mo-tivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuí-zos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo."

COMUNICADO URXENTE

 

Nos próximos días o profesorado enviará material escolar ao alumnado por correo electrónico “conta Google Gsuite” o por outros medios telemáticos acordados por profesorado e o alumnado.

 

Permanecede atentos a web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ( http://www.edu.xunta.gal/portal/ ) e a web do centro educativo ( https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribeiralouro/ ) para calquera información nova que poida xurdir.

 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19

Comunicado da Consellería de Educación en relación coa suspensión das clases para os vindeiros días. Aquí

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut