Skip to Content

Proxecto: Todo resta, todo suma

#todorestatodosuma

Dende o centro imos iniciar un novo proxecto, “Todo resta, todo suma”, e gustaríanos que toda a comunidade educativa participase nel.

 

Durante os pasados meses, fíxose máis patente ca nunca a importancia da natureza e observamos como o ser humano, cada día, a maltrata. Durante este tempo, comprendemos a importancia de parar e darlle un respiro ao planeta.

 

Como centro comprometido co coidado e respecto cara o medio ambiente, queremos levar a cabo durante este verán un proxecto colaborativo para conseguir reducir a contaminación nos espazos naturais da nosa contorna.

 

Esta iniciativa consiste en que cada vez que vaiamos ao campo, á praia, ao monte, ao río ou a calquera outro espazo natural, traiamos, alomenos,  un residuo que atopemos. Para deixar constancia desa pequena acción podemos tirar unha foto co móbil e subila a nosa conta de Instagram personal co cancelo #todorestatodosuma, etiquetando, ademais, o noso centro iesribeiralouro.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Feliz verán.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

- ÚLTIMO DÍA PARA SOLICITAR AXUDAS PARA O FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21: 19 DE XUÑO DE 2020.

- ENTREGA DO BOLETIN DE NOTAS: 25 DE XUÑO.

 

DATAS MATRICULACIÓN CURSO 2020/2021

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO  "FONDO LIBROS 2019/20"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LEMBREN SEGUIR AS SEGUINTES INSTRUCCIÓNS:                  

 * É aconsellable que acuda unha soa persoa para realizar trámites administrativos no centro.

 * O uso da máscara hixiénica é obrigatorio.

 * No centro non se fan fotocopias. Toda aquela documentación que se teña que entregar na secretaría do centro teñen que traela fotocopiada, ademais se queren xustificante de entrega das solicitudes deberán traer a copia.

 * É aconsellable que os usuarios que acudan a secretaría a presentar documentación traian bolígrafo consigo para evitar posibles contaxios.

 * É aconsellable que todas as dúbidas que poidan ter as fagan previamente vía telemática ou telefónica.

PROBA LIBRE ESO 2020

Prazos matrícula: do 1 ao 8 de xullo de 2020

Exame: 7 de setembro de 2020

IMPORTANTE: No centro non se fan fotocopias. Deberán traer copia do dni para entregar xunto coa solicitude e orixinal e copia de toda aquela documentación que teñan que entregar para validacións. 

 

 

Publicación da listaxe de cualificacións provisionais Probas Acceso CM e CS

Poden consultar a información nos seguinte enlaces:

Grao medio: http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-listaxe-provisoria-cualificacions-2020

Grao superior: http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-de-acceso-gs-2020-cualificacions-provisionais

* Prazo de reclamacións do 17 ao 19 de xuño de 2020

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut