Skip to Content

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE PARA ESTUDANTES KA171

O IES Ribeira do Louro fai pública a presente convocatoria provisional de axudas para a Mobilidade de estudantes para prácticas cursando o 2º curso nun ciclo formativo de grao superior, no marco do Programa Erasmus+ KA171 para países asociados. Estas mobilidades se xestionan a través do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

En base ao  sinalado no apartado anterior, e coas condicións sinaladas, convócanse as seguintes mobilidades.

2023-1-ES01-KA171-HED-000149489 - Estudantes

País

Becas aprobadas

Balcanes

5 Mobilidades aprobadas

Os estudantes seleccionados recibirán unha axuda económica para sufragar os custos de manutención durante o período de mobilidade, así como outra axuda económica para sufragar os custos de viaxe, segundo especifícase a continuación:

 

-                    Gastos de aloxamento e manutención: 700€ mensuales.

-                    Gastos de desprazamento: 360€

 

Previamente á realización das bolsas deberá estar tramitada toda a documentación pertinente.

No caso de que haxa máis solicitudes que bolsas, as bolsas serán asignadas en base aos criterios recollidos na solicitude do proxecto, que inclúe os seguintes:

Criterios de selección de estudantes:

ü  Nota media de cursos anteriores: ata 30 puntos.

ü  Nota media do módulo de lingua estranxeira se estudas a lingua que será a túa lingua de traballo no centro de recepción: ata 25 puntos.

ü  Valoración da actitude do alumno ante o desenvolvemento da estancia por parte do equipo docente: ata 15 puntos.

ü  Motivación para realizar a mobilidade a partir dunha carta de motivación presentada: ata 20 puntos

ü  Preferencia polo alumnado con necesidades ou dificultades especiais, tanto físicas como intelectuais, así como de carácter sociais: ata 10 puntos

 

Os estudantes interesados en levar a cabo algunha bolsa de mobilidade desta convocatoria, deberá enviar o anexo correspondente cuberto ao email: international@ribeira.org non mais tarde do 31 de xaneiro de 2024.  

 

As solicitudes serán avaliadas po un comité de selección que será constituído segundo proposta do equipo directivo do centro.

AdxuntoTamaño
Convocatoria_estudiantes_KA171_IESRL_2024.docx145.1 KB

Iniciar sesión

  Biblioteca           



page | by Dr. Radut