XII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE GALEGA.
Este pasado mércores 24 de febreiro tivo lugar a fase galega da XII Olimpíada de Xeoloxía. Tódolos anos ten lugar na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Campus Universitario de Vigo; pero nesta edición só se puido realizar de xeito virtual debido a situación sanitaria que estamos a padecer.
Durante a mañá realizaronse as dúas partes da proba. Primeiramente, a parte práctica en grupos de catro, que consistiu nunha serie de preguntas relativas a mapas topográficos, mapas xeolóxicos, identificación de paisaxes, recoñecemento de minerais e rochas, interpretación de gráficos,....... Despois dun merecido descanso continuouse coa parte teórica, un test individual con 40 cuestións relacionadas con diversas temáticas xeolóxicas.
O IES Ribeira do Louro presentouse cun grupo voluntario de alumnos/as de 2º BAC, 1º BAC e 4º ESO: Lucía, Matías, Antonio, Jorge, Ana, Arancha, Sergio e Érika. O equipo traballou moi ben, parabéns a todos.
E, deste grupo saíu o primeiro premio que representará a Galicia na Olimpíada Nacional: Antonio García Torres de 2º BAC A.
Parabéns Antonio !!!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG-20210224-WA0013 (1).jpg | 111.43 KB |
IMG-20210224-WA0016 (1).jpg | 183.7 KB |
IMG-20210224-WA0017.jpg | 185.18 KB |
IMG-20210224-WA0014.jpg | 117.13 KB |