INFORMACIÓN IMPORTANTE
-
ALUMNADO DO CENTRO (TEN GARANTÍA DE PERMANENCIA, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO).
No caso de que presente solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (IES Ribeira do Louro).
-
ALUMNADO PROCEDENTE DUN CENTRO ADSCRITO (CON RESERVA PRESENTADA NO SEU CENTRO DE ORIXE, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO )
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
-
ALUMNADO SEN PERMANENCIA NIN RESERVA QUE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN (DO 1 AO 22 DE MARZO)
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
No caso de que a demanda de postos escolares nalgún curso sexa maior que a oferta, a dirección abrirá un prazo anterior ao 22 de abril de 2021, para que os pais/nais, ou titores/as legais do alumnado presenten a documentación xustificativa dos méritos por eles alegados para a aplicación dos criterios de admisión, xunto cunha copia do anexo II presentado.
- Publicación das LISTAXES DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADIMITIDO: Provisionais antes do 26 de abril, definitivas antes do 18 de maio
-
PARA TODO O ALUMNADO
Prazo para formalizar a matrícula:
ordinario do 25 de xuño o 10 de xullo (alumnado sen materias pendentes)
extraordinario do 1 ao 10 de setembro (alumnado con exames de setembro)