Proxecto: Todo resta, todo suma
#todorestatodosuma
Dende o centro imos iniciar un novo proxecto, “Todo resta, todo suma”, e gustaríanos que toda a comunidade educativa participase nel.
Durante os pasados meses, fíxose máis patente ca nunca a importancia da natureza e observamos como o ser humano, cada día, a maltrata. Durante este tempo, comprendemos a importancia de parar e darlle un respiro ao planeta.
Como centro comprometido co coidado e respecto cara o medio ambiente, queremos levar a cabo durante este verán un proxecto colaborativo para conseguir reducir a contaminación nos espazos naturais da nosa contorna.
Esta iniciativa consiste en que cada vez que vaiamos ao campo, á praia, ao monte, ao río ou a calquera outro espazo natural, traiamos, alomenos, un residuo que atopemos. Para deixar constancia desa pequena acción podemos tirar unha foto co móbil e subila a nosa conta de Instagram personal co cancelo #todorestatodosuma, etiquetando, ademais, o noso centro iesribeiralouro.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Feliz verán.