Sinfonías da mañá
Desde a Biblioteca propoñemos para este segundo trimestre un xogo-concurso no que está invitado a participar todo o alumnado do centro da quenda da mañá, desde 1º ESO ata os Ciclos Superiores.
Normas do xogo e organización:
- Cada mañá, durante 10 ou 15 minutos xusto antes da entrada e no recreo soará unha música ou canción pola megafonía do centro.
- A partires desa música ou canción haberá unha serie de pistas e preguntas que levarán a unha solución. Serán seis músicas distintas, e por tanto seis solucións distintas.
- Haberá tarxetas de participación diaria (na biblioteca), onde constan as preguntas e espazos para as respostas. Estas respostas entregaranse na biblioteca co nome do participante e serán gardadas ata o final do concurso.
- Gañará o concurso o participante que consiga acertar todas as preguntas. En caso de haber máis dun pleno de acertos, sortearanse os premios entre os acertantes.
Tarxetas de participación
RESPOSTAS: 1. Nome do grupo: Berrogüetto 2. Nome do músico: Isaac Palacín
RESPOSTAS: 1. Nome do libro: O señor dos aneis. O retorno do rei. 2. Autor: J. R. R. Tolkien
RESPOSTAS: 1. Nome da novela: Carmen 2. Autor da novela: Prosper Merimée 3. Animal: araña
RESPOSTAS: 1. Nome do poeta: San Juan de la Cruz 2. Número de rexistro: 564
RESPOSTAS: 1. Director de cine: Steven Spielberg 2. Escritor de BFG: Roald Dahl
RESPOSTAS: 1. Título da película: El Cid 2. Autor da cantiga: Afonso X O Sabio
Podes acceder a tódalas audicións do concurso dende a nosa lista de reproducción de Spotify
GAÑADORES DO I CONCURSO "SINFONÍAS DA MAÑÁ"
Xa teños as gañadoras desta primeira edición do concurso... nobaroa a todas!!
Pincha sobre a foto para acceder ao album de fotos da entrega de premios.