Skip to Content

Música

"GLOBAL MUIÑEIRA" no IES de Ribadeo.

O pasado martes 25 de maio, o alumnado de 3º ESO e varias profesoras do centro participaron na posta en escea da "Muiñeira Global", a nova campaña de Gadis que volve a apelar ao sentimento identitario da comunidade cunha película na que un irmán e unha irmá loitan durante toda a súa vida por facer da muiñeira o baile de moda en todo o mundo. O venres 28 de maio, o alumnado de 2º ESO B e C acudiu Porto Deportivo e ao Cargadoiro de Ribadeo para bailar con nenas e nenos doutros centros educativos do concello e disfrutar dunha pequena foliada. Proximamente teremos imaxes e vídeo!

Agradecemos a participación das/os bailadoras/es e o traballo da profesora de Música, María Ron, organizadora da actividade.

(20/05/2021): Encontro con Camille Hedouin.

O xoves 20 de maio de 2021, o alumnado de 1º de Bacharelato C tivo a oportunidade de entrevistar para a RADIOIESRibadeo a Camille Hedouin, vocalista feminista, compositora e cantautora galego-francesa coñecida artisticamente como Mounqup e gañadora de varios premios, entre eles o Narf da Coruña.

Chega a Galicia en 2011 procedente de Nantes para instalarse na aldea de Pardavedra, en Ourense, formando parte dun proceso de recuperación da aldea de Saumede. Intégrase rapidamente e, dende Galicia para o mundo, compón unha música electrónico rural. A pesar de que lle chaman "a Björk galega", compón unha música sen etiquetas e orixinal na que mestura galego, francés e inglés. Sen lugar a dúbidas, non deixa indiferente a ninguén.

(30/01/2021): DÍA DA PAZ.

GALERÍA DE IMAXES

Este ano decidimos conmemorar o Día da Paz cunha serie de lecturas e actuacións organizadas desde o Departamento de Música, da man da profesora María Ron. Agradecemos enormemente a participación do alumnado que empregou o seu tempo e esforzo en organizar e formar parte desta actividade.

Durante dous recreos puidemos reflexionar e, ao mesmo tempo, disfrutar do seu traballo que nos axudou a romper coa rutina imposta pola pandemia no que levamos de curso.

 

 https://youtu.be/4nc5H4CutLQ

Moitos parabéns!

Musicales de Broadway. "Peter Pan"

 

 

 O 15 de febreiro o alumnado de 2ºESO asistiu a un  musical: 

Peter Pan, escenifcado pola compañía Musicales de Broadway,

en Burela.

 

Esta actividade foi organizada pola departamento de música

e cofinanciada polo Concello de Ribadeo.

 

 

Premio para Martín García Lorenzo!

O alumno Martín García Lorenzo, de 1º de BAC, resultou gañador por segunda vez do Concurso de Solistas na categoría de Banda que organiza o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.

Parabéns!

Martín García Lorenzo

MUSICAL


O día 19 de abril o alumnado de música de 2º e 3º de ESO e 1º de bacharelato asistiu un musical en Xixón. De paso visitaron o xardín botánico e coñeceron un pouco a cidade. Foron acompañados por Ángeles Ríos, profesora de Música, e por Sonia Bergantiños, Vicedirectora. 
Organiza o departamento de Música.   FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut