Skip to Content

ANPA

COMUNICADO ANPA O ESTEO

Preme neste enlace para acceder ao comunicado de cambio de directiva da ANPA O Esteo:

COMUNICADO CAMBIO DIRECTIVA

Charla DISCIPLINA POSITIVA

 

Queridas familias,
Dende a Anpa queremos convidarvos a unha charla sobre DISCIPLINA POSITIVA: Conecta co teu fillo/a adolescente o próximo dia 14 de Xuño as 18:00 h. no salón de actos do IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO.
Con esta charla cerramos o ciclo de formacion/información para as familias, ata o curso que ven.
Esperamos vos animedes e vos asociedes o vindeiro curso xa que é moi importante ter un canal de comunicación entre o centro e as familias e esforzámonos cada día en ofrecer actividades que vos poidan servir para entender e atender as vosas crianzas.
Estamos á vosa disposición.

Anpa Esteo

ACTIVIDADE ANPA - ASISTENCIA A UNHA PROXECCIÓN NO CINE RIBADEO

A ANPA O Esteo organiza unha activiadade dirixida a todo o alumnado do centro que queira asistir.

Trátase de asistir a unha sesión no cine de Ribadeo o venres 10 de xuño ás 17:00 para a proxección da película Jurassic Worl "Domination".

Precio da actividade:

  • Socios: de balde.
  • Non socios: 3 euros

Achégase carta informativa coas instrucións de pago e autorización.

Un saúdo

ANPA O ESTEO

CHARLA 26 DE ABRIL E 24 DE MAIO DE 2022

Estimad@s nais e pais:

Dende a ANPA ESTEO, queremos convidarvos a unhas charlas que esperemos sexan do voso interese:

● 26 de Abril de 2022 as 18:30 DIVERSIDADE E INCLUSION EDUCATIVA
Conceptos e medidas actuais de atención á diversidade no ámbito educativo.
● 24 de Maio do 2022 as 18:30 DISCAPACIDADE E MEDIDAS DE APOIO
Infancia, detección e servizos.
Recoñecemento da discapacidade, vantaxes e medidas de apoio.

LUGAR: Salon de Actos do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.
PONENTE. Carme Iglesias
Coordinadora psicopedagóxica do servizo ambulatorio da Asociación de pais e nais de
nenos con discapacidade da Mariña de Lugo.
Fundadora da Asociación Guilllem Veiga Iglesias.

Un saúdo.

ANPA O ESTEO

anpaesteo@gmail.com

CHARLA 15 DE FEBREIRO DE 2022

Estimad@s nais e pais:

Dende a ANPA Esteo queremos informarvos que o día 15 de FEBREIRO ás 18:30H celebrarase no salon de actos do IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO unha charla destinada a toda/os a/os interesada/os, que tratará dos seguintes temas:

  • APRENDER DISFRUTANDO
  • AVALIACIÓN E REPETICIÓN DE CURSO ( normativa actualizada)
  • MOTIVACION E APOIO FAMILIAR

PONENTE: Carme Iglesias Fuentes.
Coordinadora Psicopedagoxica Apned
Asociacion de discapacidade da Mariña de Lugo
Responsable de formación de familias y servicio ambulatorio para nenos con necesidadeseducativas especiais.

Esperámosvos.

CURSOS PARA SOCIAS E SOCIOS

Estimad@s nais e pais:
Comenzamos este novo trimestre e presentámosvos novas charlas de formación para familias socias que se imparten a través da FAPACEL:

  • ABALAR: aprende a manexar o espazo. Abalar dende a web e a app tanto os servizos ás familias coma a web ca formación e temas de interese. Orientado a familias. Data do curso: 25 de Xaneiro.
  • CONTROL PARENTAL MÓBIL: repasaremos as principais ferramentas de control de tempo, de contidos e de xeolocalización gratuitas para o Móbil. Data do curso: 1 de Febreiro.
  • CONTROL PARENTAL PC´S: repasaremos ferramentas gratuitas de control parental no pc para monitorizar ou bloquear contidos e saber as horas de uso de cada programa ou web. Data do curso: 8 de Febreiro.
    Todas as charlas serán ás 20.00 horas, e en liña.

Todos o/as socio/as interesado/as podedes enviar un correo electrónico a anpaesteo@gmail.com comunicando a vosa intención de participar e datos persoais.
As persoas interesadas en facerse socios poden facelo poñendose en contacto por medio do correo electronico anpaesteo@gmail.com

PARA VER O CARTEL DOS CURSOS PREME AQUÍ

Un saúdo

ANPA "O ESTEO": presentación da nova directiva

Achégase carta de presentación da nova directiva da ANPA "O ESTEO".

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut