Skip to Content

Varios

PRÉSTAMO COLABORATIVO

 No mes de outubro deste curso 21-22 puxemos a andar unha iniciativa denominada Préstamo Colaborativo. Consiste en que o alumnado de cursos superiores preste libros de lectura ao alumnado de cursos inferiores. Trátase preferentemente de títulos que xa se leron en cursos anteriores. Con isto perseguimos o triplo obxectivo de fomentar a colaboración entre os rapaces, ampliar o número de exemplares en préstamo e aliviar na medida do posible o custe económico que supón para moitas familias afrontar un novo curso. Comezamos a andaina co título Corredora, de María Reimóndez e cómpre destacar que a resposta do alumnado foi moi positiva. Nestes momentos xa temos en marcha a xestión do préstamo de dous novos títulos: Denébola a Roxa, de Héctor Cajaraville e A dúbida, de María Reimóndez.

 

ESPAZOS DA BIBLIOTECA

O cambios máis positivos neste curso 21-22 foron que a biblioteca recuperou a súa condición de tal deixando de ser usada como aula e que se puido ampliar o aforo de 27 a 43 persoas. Aproveitamos estas circunstancias para crear un recuncho de lectura e unha nova zona de traballo. Podemos ver a  distribución actual do espazo nas seguintes fotografías: 

Zonas de traballo:

 

 

 

 

 

Zona de ordenadores:

 

 

Zona de xestión:

 

 

Recuncho de lectura:

DOCUMENTAL XELA ARIAS

 A Deputación de Lugo agasallounos co documental en formato pen-drive Vencerse é cousa de se tratar, onde a directora Valeria Pereiras e o realizador David Mon indagan sobre a figura de Xela Arias. O filme pasa a formar parte da nosa sección de Audiovisuais.

Podemos velo no seguinte enlace:

 https://www.youtube.com/watch?v=DjABWdzeIAg

Letras Galegas 2021- CONCURSO XELA ARIAS BIBLIOTECA

  

Aproveitando a  exposición que temos no vestíbulo sobre Xela Arias titulada Aquela nena de Sarria, a Biblioteca convoca entre o luns 31 de maio o venres 4 de xuño un sinxelo concurso sobre a autora. Trátase de responder a un minicuestionario cuxas respostas se atoparán nos paneis da exposición. Unha vez cuberta, depositarase a papeleta nunha urna e entre os acertantes sortearase un premio o luns 7 de xuño durante o recreo.

 

Velaquí as bases:

 

ESPAZO LIBRE DE MACHISMO

 

Sumándonos a moitas outras iniciativas que leva a cabo o centro en prol da igualdade, colocamos na porta principal de acceso á bibloteca un fermoso cartaz coa lenda Espazo libre de machismo

 

CARTACES BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Melloramos a estética da nosa bibioteca enmarcando varios cartaces editados por Bibliotecas Escolares, situándoos  ao pé doutros xa colocados en cursos anteriores.

 

LETRAS GALEGAS 2021- Retrato Xela Arias

 

A instancias do EDL, a nosa compañeira do departamento de Debuxo, Chus Colmenero, deseñou un fermoso retrato de Xela Arias que enmarcamos e colgamos na parede da nosa biblioteca.  Grazas, Chus!

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021- Certame Biblioteca Viejo Pancho

 A alumna do noso centro Marta Ortiz resultou gañadora do Certame que convoca a Biblioteca Viejo Pancho con motivo do Día das Letras Galegas  na modalidade de Narración na categoría de 12 a 16 anos. A entrega de premos tivo lugar no transcurso da Feira do Libro do concello de Ribadeo.

O tema proposto esta edición foi “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”. O seu traballo, premiado a nivel local, participará na fase provincial do Certame. No seguinte enlace podedes acceder á narración. Noraboa, Marta!

 

SEMPRE NO PRADO

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021- MARCAPÁXINAS XELA ARIAS

En colaboración co EDL distribuímos entre a comunidade escolar un marcapáxinas sobre a autora sarriá elaborado pola RAG e un adhesivo deseñado pola profesora de debuxo Chus Colmenero.

 

 

 

ENCONTRO CON ESCRITORAS: María Reimóndez

 

O martes 4 de abril o alumnado de 1º de ESO asistiu a un encontro virtual coa escritora María Reimóndez, autora do libro A formiga destemida, que os rapaces leron para a asignatura de Lingua Galega e Literatura. Tras unha breve charla inicial  de María, a rapazada mantivo un coloquio coa autora facéndolle preguntas e plantexándolle as dúbidas que lle suscitou a lectura.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut