Skip to Content

Exposicións, cursos e avisos

Proxecto Youth Ambassadors coa coordinación de INGALICIA

A Asociación Cultural Ingalicia (organización sen ánimo de lucro da cidade de A Coruña que ven traballando desde o 2007 co fin de promover o espíritu e os valores europeos a través de actividades locais e de mobilidadepara a participación xuvenil) quere darlle visibilidade ao proxecto Youth Ambassadors e busca centros educativos interesados en participar nel. O obxectivo principal do proxecto é proporcionar aos xoves entre 14 e 18 anos oportunidades para involucrarse e ser activos nas comunidades locais utilizando diferentes actividades de aprendizaxe non formal.

De maneira transversal, o proxecto busca fomentar o desenvolveemento de habilidades interpersonais dos xoves (como o traballo en equipo, habilidades de comunicación, liderazgo, etc.), habilidades dixitais (uso de diferentes plataformas, creación e edición de vídeos, branding), alfabetización mediática e uso das redes sociais e acortar distancias entre os xoves e os/as responsables da toma de decisións a escala local, rexional, nacional e transnacional. 

Presentación Youth Ambassadors, e datos e metodoloxía sobre o proxecto.

EMERXENCIA CLIMÁTICA (do 17 de xaneiro ao 6 de febreiro)

Entre o 17 de xaneiro e o 6 de febreiro teremos na entrada principal do centro a exposición EMERXENCIA CLIMÁTICA, un préstamos temporal do CEIDA. Un traballo de sensibilización sobre as condicións do clima que vimos desenvolvendo desde fai varios cursos e que conta coa colaboración das exposicións itinerantes do CEIDA.

As diferentes datas que ao longo do curso sinalan as liñas vermellas da inluencia negativa sobre a Natureza seguirán sendo tratadas polo noso alumnado.

    

DÍA DA PAZ

Un curso máis rematamos xaneiro cunha reflexión en torno á PAZ. Un concepto conflictivo de por sí, e que xeralmente definimos polo seu contrario. Solo precisamos mirar o temario de Historia para comprender esa relación utópica entre concepto e a realidade. Pero esta conmemoración non só a facemos desde unha perspectiva histórica, senón tamén desde unha perspectiva social e política. A influencia de determinados cambios políticos (criticados desde outros ámbitos) consigue despexar Europa e mantela nun status de convivencia pacífica nunca conseguido.... e todo isto a pesares de que a nova situación mundial está esnaquizando as sociedades do noso redor, e recrudencendo o clima social ata límites insospeitados. Agora escoitamos de novo gritos de pureza e de tribu, e pretendemos abranguer marxes de realidade que se escapan do establecido.

Faise necesaria así unha profunda reflexión a través da Filosofía e da Historia, para volver recuperar un punto de vista pacífico sobre o futuro da Humanidade. Esta situación entre pobos e culturas repercute tamén no ambiente social e crueliza o comportamento da cidadanía... É fácil decatarse a través das actitudes intolerantes de moitos dos nosos veciños e veciñas, non só de nacións cercanas, senón a veciñanza de porta con porta. Intolerancia, exclusivismo de clase, mecanismos de defensa que se usan como armas contra os que non creen o mesmo, non pensan o mesmo, ou simplemente discrepan...

Esta introdución da pe a revisións dos símblos da PAZ, das figuras que representan na nosa historia a loita pola PAZ, e a unha visión histórica chea de conflitos que a xuventude non está disposta a repetir. Este é o noso punto de partida e o noso traballo para conmemorar o asasinato dun individuo, un político, un dirixente, alleo a nós, dun mundo lexano e diferente, e co que, sen embargo, temos tantas similitudes como se fora da mesma aldea que un mesmo. Revisemos pois estes principios. 

500 Anos de guerras no mundo

Lord of War (títulos de crédito)

Símbolos da Paz (material de UNICEF para todos os niveis)

Mahatma Gandhi, el fundador de la no violencia (artigo de La Vanguardia)

Vida e morte de Gandhi (3´)

Documental sobre Gandhi (35´)

 

EXPOSICIÓN «Ribadeo: Música en feminino»

Xoxe mércores 16 de xuño e ata o vindeiro mércores 23 teremos na entrada do centro 11 paneles que fan un percorrido pola historia en femenino da música. Mulleres no pasado, no presente e no noso pobo que sinten e transmiten a música como linguaxe universal. 

Unha exposición pensada e elaborada polos e polas docentes do colexio Sagrado Corazón da nosa vila que rinde tributo a un capítulo máis do traballo, as máis das veces oculto, que a muller desenvolve en todos os ámbitos culturais desde o principio dos tempos. Unha exposición que coloca en primeira plana a moitas destas mulleres que contribuiron a facer da MÚSICA o elemento cultural que debe unirmos e que debemos coñecer, sobre todo cando o traballo levado a cabo permanece no esquecemento.

Esta exposición estivo exposta a comezos de xuño na oficina de Turismo e agora podemos dedicarlle algo máis de tempo aproveitando os derradeiros días lectivos do curso. 

A CONCORDIA PRESENTA A OBRA DE SUÁREZ COUTO

Este xoves 3 de xuño, cun acto oficial de presentación no salón de actos do centro, a Asociación A Concordia fixo pública a cesión temporal da exposición de debuxos e gravados de Suárez Couto ao IES de Ribadeo. Con esta exposición ambos colectivos queren lembrar, difundir e sobre todo dar a coñecer á xuventude da vila, a obra dun artista ribadense que permanece esquecido para a gran maioría.

A colección que a asociación A Concordia conseguiu reunir de familiares, amigos, prensa e publicacións da época está composta de medio centenar de debuxos e gravados moi variados e de distintas épocas: ilustracións para libros e folletos, publicidade de xabóns, festas patronais, semana náutica,... Unha mostra testemuñal que recupera parte do legado artístico de Amando Suárez Couto e revaloriza o interese cultural que toda a familia Suárez Couto amosou por Ribadeo. Un legado que tanto a Asociación A Concordia como o IES Ribadeo Dionisio Gamallo consideran necesario conservar e coñecer.

Breve historia de A Concordia, por Matilde González

En Twiter @cosmopolitas1

(05/06/21) Cronica3.com

(06/06/21) El Progreso

  

(28/05/2021) NARY LY: Supervivente, científica, olímpica

O IES Ribadeo, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, despide maio cunha actividade moi especial: unha charla coa atleta olímpica Nary Ly. A súa experiencia de vida cubre aspectos emocionais, educativos e deportivos que servirán de acicate a todo o alumnado ribadense.
Un total de case 200 alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de compartir con esta atleta olímpica experiencias e emocións que ao longo de dúas horas a protagonista expresou tanto a través de videos como da súa propia voz e sentimento. Un relato que comeza na súa infancia en Camboia e que a levou por circunstancias sociais e políticas ata Francia, Estados Unidos, Camboia,... e finalmente a León, onde reside na actualidade.

Entrevista en El Progreso (sábado 29/05/2021)

Información en Cronica3.com

Nary Ly: Exemplo de superación e sacrificio

En Novembro planificamos unha actividade en colaboración co departamento de Educación Física; unha charla da atleta Nary Ly, olímpica, científica e supervivinte. características que definen unha personalidade e un carácter e que marcan un camiño a seguir desde circunstancias existenviais dramáticas pasando por momentos de sacrificio ata chegar ao momento actual, cunha perspectiva madura e unha lección para compartir.

Estes valores, experiencias, profesionalidade,... son os que coñeceremos de primeira man este VENRES entre as 09:00 e as 11:00 horas no salón de actos do noso IES. As súa vida está plasmada no libro que xa coñecemos, e que terá continuidade proximamente.

Unha oportunidade única para coñecer directamente unha persoa que encarna os valores desexables para a nosa sociedade e que debemos compartir para conseguir un mundo mellor.

AO REDOR DO DÍA DE EUROPA

Aquí tedes un resumo das Actividades que realizamos con motivo da celebración do 9 de maio.

EXPOSICIÓN Francesc Boix: o fotógrafo de Mauthausen

Dentro das actividades conmemorativas do DÍA DE EUROPA, o noso centro, como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO, invita a toda a comunidade educativa a visitar a exposición sobre Francesc Boix.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut