Skip to Content

A industria do libro a partir de "A miña planta de laranxa lima".

FOTOS

O día 15 de xaneiro tivo lugar un acto, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística, co que pretendemos achegar o alumnado á industria do libro a partir do caso concreto de "A miña planta de laranxa lima", de José Mauro de Vasconcelos.

No acto participaron a tradutora da obra do portugués ó galego, Isabel Cornes Ríos -que neste momento imparte clase no noso centro- e Yésica Herranz, directora da Editorial Primerapersona, que publicou a obra en galego. A nosa compañeira Isabel falou das dificultades do proceso de tradución e dos factores que deben terse en conta, mentres que Yésica explicou as distintas fases no proceso de elaboración dun libro e falou das distintas persoas que cómpre implicar para conseguir que un manuscrito acabe nas mans dos lectores.

A actividade dirixiuse ó alumnado de 2º e 3º de ESO e ó de 1º de bacharelato. Ó comezo, gardouse un minuto de silencio en homenaxe a Mª José Suárez e Adela López, que perderon a vida esta semana en Cervo, vítimas da violencia de xénero.

 



page | by Dr. Radut