O escritor mariñán Xosé Cando Rancaño adicounos o seu último libro e agasallounos cun exemplar do mesmo que pasa a formar parte da nosa sección Local. Trátase de Dous paporrubios pirlando, poemario escrito en coautoría con Elvira Cereixo, unha orixinal proposta que recolle os pirlares de dous paxariños, un en cada póla: un pírlalle ao outro en cada cantiga coas letras do seu nome encabezando cada verso, de tal xeito que cada poemiña, na súa verticalidade, leva o nome e, en algúns casos o apelido, de a quen vai adicado o pirlar.