Dende a web da biblioteca animámosvos a sumarvos, un ano máis, á participar na escolla da Palabra do Ano, iniciativa que xorde a partir do Portal das Palabras, proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua.
A Palabra do Ano trata de identificar aquilo que resuma como se viviron colectivamente os últimos doce meses ou algún aspecto que sobresaíse, para ben ou para mal, na actualidade máis próxima ou global e será elixida polas persoas participantes nunha votación popular cuxo resultado se dará a coñecer nos últimos días do 2021.
Podedes acceder á votación premendo na imaxe: