Estamos rexistrados nesta actividade na que o alumnado toma contacto coa Ciencia actual a través das charlas con científicos de diversas nacións europeas e de diversas institucións, e tamén a través de videos e actividades que podemos descargar e consultar en calquera momento.
O VENRES 26 de 11 a 12 horas participaremos na Sesión de clausura deste programa, e invitamos a todo o profesorado interesado e que teña clase nesa franxa horaria a estar presente no acto.
Ofrecer posibilidades de conexión, información e actualización forma parte da liña educativa que como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO intentamos manter cada curso. Agardamos que estas iniciativas sexan aproveitadas tanto polo profesorado como polo alumnado do noso centro para acadar unha formación actualizada como corresponde á escola do século XXI. Xa nos contaredes...!