En 1959, as Nacións Unidas aprobaron unha Declaración dos Dereitos do Neno que incluía 10 principios. Pero non foi suficiente para protexer os dereitos da infancia porque, legalmente, esta Declaración non era vinculante. Por iso, en 1978, o Goberno de Polonia presentou ás Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos do Neno.
Despois de 10 anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG e outras institucións, o 20 de novembro de 1989 aprobouse o texto definitivo da Convención sobre os Dereitos do Neno, cuxo cumprimento sería obrigatorio para todos os países que a ratificasen. iso.
A Convención sobre os Dereitos do Neno pasou a ser lei en 1990, tras ser asinada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe, a Convención xa foi aceptada por todos os países do mundo agás os Estados Unidos.
Quino e os Dereitos da Infancia