Skip to Content

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA "Almudena Pulpeiro Peña"

O venres 19 de novembro levarase a cabo esta actividade proposta polos dptos. de Orientación e Filosofía consistente nun obradoiro de seguridade viaria impartido por STOP ACCIDENTES.

Jose Luís Pulpeiro e Inmaculada Peña (responsable da cafetería) estiveron dende o primeiro momento en contacto con STOP ACCIDENTES para poder realizar esta actividade no centro, xa que relataron nun pequeno diálogo de trompas a historia do fatídico accidente que sufriu a súa filla Almudena Pulpeiro Peña, para que a trataran no obradoiro e concienciar ao alumnado.

Unha redactora de TVE quedou conmovida ao coñecer esta historia e interesouse pola realización deste obradoiro. Contactou con STOP ACCIDENTES, coa familia de Almudena e co centro para poder gravar este obradoiro e emitilo no telediario desa fin de semana, dado que o día 21 de novembro celébrase o Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, unha efeméride proclamada oficialmente por la Asemblea Xeneral das Nacións Unidas (ONU).

A actividade consistirá nun obradoiro de seguridade viaria, a lectura de MIS TROMPIS. UNA SORPRENDENTE HISTORIA por parte de 4 alumnas do centro (Ángela Alcántara, Sara Sixto, Patricia Izquierdo e Elisa Otero) e unha pequena actuación de 6 membros da Banda de Música de Ribadeo (Almudena tocaba a trompa e pertencía á Banda de Música de Ribadeo).

 



blog | by Dr. Radut