Un asunto prioritario na actualidade europea é a "Conferencia sobre o Futuro de Europa" (CoFE), unha iniciativa de democracia participativa posta en marcha polas institucións europeas que se sustenta nunha plataforma multilingüe en liña. No marco desta iniciativa organízanse diálogos e debates protagonizados pola ciudadanía. Así, persoas de toda Europa poden compartir as súas ideas e contribuír a configurar o noso futuro común.
Durante o mes de novembro teremos unha sesión informativa dirixida e coordinada por EUROPE DIRECT A CORUÑA e, froito desta sesión intentarase levar a cabo unha acción colaborativa entre os Centros Embaixadores do Parlamento Europeo para promover que os mozos e mozas participen na CoFE desde as súas aulas.
Queremos que o noso alumnado se integre na realidade europea e participe dos temas e das problemáticas que conformarán o seu futuro. Queremos preparalos para que contribúan como cidadáns e teñan voz e voto en todas as decisións que nos afecten.