A temperie ribadense no 2020, Antonio Gregorio
Cos datos recollidos na Granxa Escola Pedro Murias, o exprofesor do instituto Antonio Gregorio analizou neste libro a temperie en Ribadeo durante o ano 2020, poñéndoa en relación con anos anteriores, nun estudo comparativo que se prolonga xa máis de dúas décadas. Agradecémoslle o agasallo deste exemplar adicado.
Un hombre que se parecía a Cunqueiro, Xosé Besteiro
José María Besteiro, recoñecido productor televisivo e xornalista nado en Riotorto (Lugo) adicounos un exemplar da súa obra Un hombre que se parecía a Cunqueiro, imaxinativo achegamento á figura cunqueiriana, á que Besteiro está unido por uns lazos familiares que forman parte dos seus mitos da infancia, o que lle dá pé a mesturar nas súas páxinas detalles sobre o autor coa súa propia biografía.
Pintura e Fotografía no século XIX, Celia Castro
O luns 20 de setembro de 2021 tivo lugar a conferencia inaugural D. Amando Suárez Couto pintor e mecenas ribadense, impartida pola historiadora ribadense ex-alumna do noso instituto Celia Castro Fernández. Celia Castro na actualidade está realizando unha tese doutoral sobre Pintura e Fotografía no século XIX, sendo este tamén o título do seu último libro co que agasallou ao instituto acompañado dunha agarimosa adicatoria.