Skip to Content

LIBROS ADICADOS

O IES Ribadeo, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, despediu maio cunha actividade moi especial: unha charla coa atleta olímpica Nary Ly. A raíz dela, a nosa colección de libros adicados enriqueceuse con “La historia de Nary Ly: superviviente, científica y atleta olímpica ”,  impactante e inspirador testemuño persoal de loita fronte á adversidade, que indaga sobre como adquirimos coñecemento, motivación e habilidade para atopar saídas na vida.  Segue os pasos da vida dunha nena que resistiu os horrores do infame réxime dos “ jemeres vermellos” de Camboia e atopou refuxio en Francia, onde saíu adiante ata lograr o seu doutoramento; traballou como científica especialista en prevención de enfermidades infecciosas e - sendo a primeira muller desa nación do sueste asiático en logralo- correu a maratón olímpica.

     



page | by Dr. Radut