Skip to Content

MUSEO IESRIBADEO (carpetas)

BIOLOXÍA   FÍSICA     QUÍMICA   TECNOLOXÍA XEOLOXÍA OUTRAS XOIAS

MUSEO IES RIBADEO

 

O Museo do IES Ribadeo Dionisio Gamallo xorde como una necesidade de expoñer e darlle valor ó patrimonio histórico educativo do propio centro e así poder coñecer algo mellor os materiais educativos e científicos dende mediados do século pasado.

Alberga obxectos distribuídos nas seguintes seccións: Bioloxía, Xeoloxía, Química, Física, Tecnoloxía e Outras Xoias. 

Todos teñen interese, gran valor pedagóxico e non deben permanecer ocultos. Por iso, neste curso de pandemia, privados do traballo no laboratorio, decidimos identificalos, clasificalos e rematar as fichas que quedaron truncadas no confinamento.  Ademáis creamos na web un museo virtual, para que así poida chegar a todo o público.

O Museo IES RIBADEO tamén pretende ser una homenaxe a tódolos profesores e profesoras que ó longo dos anos non só foron facéndose con este material senón que o empregaron convencidos de que mostrar experimentalmente coñecementos propios das Ciencias era o camiño a seguir.

Desexamos que a súa observación sexa motivadora cara á aprendizaxe. Para nós, supón outra forma de achegarnos á Ciencia e á Cultura e de valorar o que temos. Seguro que alguna das pezas non nos deixa indiferentes: nas persoas de certa idade ata  activarán o poder  de recordos perdidos e os máis novos terán que facer un exercicio de imaxinación por ser nativos dixitais. Aínda queda alguna xoia escondida e mesmo sen descubrir, pero iremos completando, mellorando o traballo e engadindo máis seccións.

 

 

Alumnado 4º ESO B curso 20/21

Alumnado Bioloxía  4º ESO curso 19/20

Susi Besteiro Cabanas, profesora de Bioloxía

 

 



page | by Dr. Radut