Aproveitando a exposición que temos no vestíbulo sobre Xela Arias titulada Aquela nena de Sarria, a Biblioteca convoca entre o luns 31 de maio o venres 4 de xuño un sinxelo concurso sobre a autora. Trátase de responder a un minicuestionario cuxas respostas se atoparán nos paneis da exposición. Unha vez cuberta, depositarase a papeleta nunha urna e entre os acertantes sortearase un premio o luns 7 de xuño durante o recreo.
Velaquí as bases: