O venres 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, por iniciativa da profesora de Música María Ron a Biblioteca (cuxo equipo axudou a seleccionar os textos lidos) foi escenario dun recital poético. O alumnado de 3º e 4º de ESO leu poemas nas distintas linguas do alumnado do centro con acompañamento musical en vivo e unha proxección audiovisual de fondo. O obxectivo, máis alá da mera celebración, foi o fomento da muliticulturalidade e a integración do alumnado de variadas orixes. Escoitamos textos en italiano, portugués, inglés, galego, castelán, alemán, catalán, chinés e árabe.