Un ano máis, tivemos a sorte de participar no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" coa actividade "Visitas da USC aos Centros de Ensino Medio de Galicia" organizada polo Departamento de Orientación. Contamos coma sempre coa colaboración de Francisco Javier López González que se achegou ata o noso centro, do que saíu titulado hai corenta anos, para ofrecer ao alumnado de 2º de Bacharelato unha charla informativa.
Primeiro reflexionou sobre a importancia de que sexa o propio alumnado o que decida que estudar e despois presentoulles a Universidade de Santiago de Compostela e deulles unha explicación sobre a ABAU e o acceso á Universidade.
Agradecémoslle a Javier o tempo dedicado, a proximidade, os agasallos e o feito de que sempre estea pendente e dispoñible para nós, especialmente na celebración da ABAU.