Skip to Content

8 de marzo no IES.

 

 ACCEDE AO VÍDEO DA BATUKADA FEMINISTA PREMENDO AQUÍ

Un curso máis, o 8 de marzo é unha data de conmemoración e reivindicación da que o noso centro se fai eco e na que o Comité Lila se implica de maneira activa. Nesta ocasión, e dado que a data cae en domingo, os actos organizados realizáronse no recreo do luns 9 de marzo.

Por un lado, inaugurouse a exposición de retratos resultado do proxecto “Eu tamén quero ser coma...” (6 e 7 de febreiro) promovido polo alumnado das materias de Coeducación para o século XXI (xa desde finais do curso pasado) e Educación Plástica e Visual (4º ESO) e o CIM, en colaboración coa Escola de Música e os colexios CEIP Gregorio Sanz e Sagrado Corazón (cuxas aulas levan agora o nome das mulleres retratadas).

De seguido, o alumnado e profesorado integrante da batukada feminista do IES fixo un percorrido pola planta baixa, desde o patio de columnas ao patio exterior. Trátase dun grupo no que se empregan os tambores (feitos con material de refugallo e bricolaxes compartidas durante os recreos) como liberación, para facerse escoitar e loitar polas que non o poden facer, por conseguir un mundo en igualdade para todas e todos.



page | by Dr. Radut