Luns, 27 de maio: dentro das actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, hoxe asistimos a unha actuación de Cándido Pazó, que deleitou coas súas historias o alumnado de 1º de BAC e 4º da ESO.
O acto organizouse en colaboración co CIFP Porta da Auga e co Concello de Ribadeo. Foi unha mañá MÁXICA, como se pode comprobar facilmente vendo as fotos do evento.