Skip to Content

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MEDIOS NON PRESENCIAIS

 CONTINUIDADE DO TRABALLO ESCOLAR PARA AS MATERIAS DE FILOSOFÍA

 O dpto. de Filosofía continúa o seu traballo docente de forma virtual, segundo as instrucións enviadas aos centros (13 marzo).

A prioridade está co alumnado de 2º BAC, e por esta razón o repaso do bloque de contidos referente aos temas de Kant, e os comentarios de textos de Marx e Nietzsche está na aula virtual.

Para o alumnado de 1º BAC de Filosofía e da materia Europa, a tarefa sobre os temas explicados en clase tamén está a disposición do alumnado na aula virtual, e foi comentado xa o derradeiro día de clase.

Para o alumnado da ESO, 1º e 2º , materias de Valores éticos e Valores democráticos europeos teñen o material de EDIXGAL, e dispoñen tamén do traballo de resumo e comentario sobre o video de HISTORIA DO FEMINISMO, que xa foi visionado en clase.

O alumnado de Valores éticos de 3º ESO debe facer un traballo de investigación sobre os temas xa propostos de 3 páxinas máximo, Arial 14, interlineado 2, cunha opinión persoal da metade da última páxina.

Está habilitado tamén un foro para posibles preguntas e respostas, tanto grupal como individual, e o alumnado dispón de correo do profesor de ditos grupos.

Desta forma damos continuidade ao noso labor educativo, e mantemos os obxectivos coa constancia e rutina necesarios e acordes co horario que impartimos, e que pretendemos manter a pesares das difíciles condicións que a situación global nos obriga a vivir.



blog | by Dr. Radut