Visibilizamos a sección de Banda Deseñada a través da colocación dun mural de vinilo no lateral do moble que a acolle. Trátase dun deseño personalizado no que intentamos dar cabida a autores e personaxes de relevancia mundial no mundo do cómic (Astérix e Obélix, Tintin, Mafalda) así coma a autores galegos e/ou ribadenses (Luís Davila, Miguelanxo Prado, Suso Peña) Tamén quixemos darlle especial relevancia á muller: está presente a través da inefable Mafalda, das “mulleres bravas” de Davila e de Sara, a protagonista de Trazo de tiza, De Miguelanxo Prado.