O pasado día 4 de maio, celebrouse na Coruña o Día da Ciencia na Rúa e o IES de Ribadeo colaborou coa participación dunha parte do seu alumnado como xa ven sendo habitual dende fai 24 anos.
Foron un total de 35 alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO, acompañados polas profesoras María del Monte do Dpto de Tecnoloxía e Beatriz Fernández e Susi Besteiro do Dpto de Bioloxía. Por certo, tamén nos acompañou Antonio Gregorio porque aínda que está xubilado, leva a ciencia no sangue.
Levamos traballos variados. Algúns de tecnoloxía como a lavadora, unha ponte levadiza, a mininoria, as sillas voladoras e a respiración pulmonar e tamén algúns de bioloxía como as egagrópilas das aves, os otolitos dos peixes e as dúas novas especies invasoras detectadas en Ribadeo: a ostra rizada e a avispilla do castiñeiro. Todos os traballos gustaron moito e os nosos alumnos recibiron moitas felicitacións tanto pola calidade dos proxectos como pola forma de explicalos.
Foi un día realmente interesante no que tamén poidemos observar moitos traballos presentados por outros centros comprobando que unha vez máis seguimos mantendo un bo nivel e iso resulta francamente satisfactorio.
A continuación poñemos o enlace para poder ver a reseña que saiu na Voz de Galicia referida a ese día e no que fan mención ó noso centro.
Tamén poñemos o enlace do Día da Ciencia no que se pode acceder ó libriño no que figuran tódolos centros participantes e os traballos presentados. https://indd.adobe.com/view/a934a555-e17b-4a66-8570-8a914d578a14 e xa no último enlace pódese acceder ó libriños das 24 edicións que se levan celebrado e nas que sempre colaboramos primeiro como IES Porta de Auga e despois xa unificados, como IES de Ribadeo https://www.amigoscc.es/escolares/ciencia-en-la-calle/.
Finalmente, agradecemos a Javier Novelle, organizador do evento, que ano tras ano, sigue facilitándonos a participación facéndose cargo dos gastos de autobús, comida e dos agasallos para os nosos alumnos.
Fdo: Susi Besteiro, xefa do dpto de Bioloxía