Skip to Content

Novidades na biblioteca

Libros adicados

 Seguimos traballando na mellora da visibilidade da biblioteca. Neste caso incluímos un novo rótulo na Exposición de Libros Adicados e reorganizamos esta sección retirando vellos títulos e incluíndo outros novos. Entre eles cómpre citar un exemplar de El niño de luz de plata, agasallo do escritor Gonzalo Moure, que nos visitou o mes de xuño do pasado curso para ofrecer unha charla ao alumnado de 1º de ESO

 

 

Libros Libres.

 

Continuando con esta iniciativa, ampliamos esta sección colocando no pasillo das dependencias administrativas do centro unha vitrina con distintas publicacións relativas ao Camiño de Santiago que recibimos a finais do pasado curso da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

 

Ampliación sección banda deseñada

Como apuntabamos no noso proxecto inicial, ampliamos a sección de Banda Deseñada coa subscrición á revista  de cómic A viñeta de Schrödinger, nada para dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as e cuxo primeiro número sau do prelo en xullo de 2018.     

 

Engadimos á nosa colección a obra “Opuño e a letra”, da poeta Iolanda Castaño,  o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: a conxunción de poesía e  banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético».40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos ilustradores máis salientables da escena galega.



page | by Dr. Radut