Este 10 de maio, o alumnado de 3º de ESO do noso institututo participou, acompañado polas profesoras Mirian Bouso, Chus Colmenero e Dores Fernández Abel, no Correlingua 2018, celebrado en Mondoñedo.
Previo ás actividades do Correlingua, o alumnado descubriu os segredos que garda o Cemiterio Vello de Mondoñedo, a través dun concurso.
Xa con respecto ao Correlingua debemos destacar que unha alumna e un alumno do noso centro subiron ao podio dos vencedores da carreira: María Cociña López e Aleix Díaz Salas.
Dores F. Abel