Skip to Content

Intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, de Lalín

O día 18 de abril o alumnado de 3º de ESO viaxou a Lalín para participar na primeira fase dun intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, coordinado polos equipos de dinamización lingüística dos dous centros.

Despois dunha breve recepción, o alumnado e o profesorado dos dous institutos desprazouse ata a fervenza do Toxa (Silleda). Desde alí realizamos un roteiro de sendeirismo próximo ó curso do río Deza ata chegar ó mosteiro de Carboeiro, onde repuxemos forzas cun xantar campestre. Despois, unha guía organizou o alumnado en equipos e propúxolles un xogo para que coñecesen o mosteiro dunha maneira lúdica. A continuación, xa en autobús, desprazámonos ata o pazo de Liñares (Prado-Lalín), que alberga o Museo Galego da Marioneta. Rematamos a xornada cun pequeno paseo pola vila, vendo o novo Concello, o Museo e o monumento ó porco.

Acompañando o alumnado, viaxaron Dolores Faílde, Miriam Bouso e Suso Fernández. O día 16 de maio será o alumnado de Lalín o que se desprace ata Ribadeo, para coñecer a nosa zona.

<

 

 

 



page | by Dr. Radut