Co fin de promocionar o coñecemento e uso da biblioteca e fomentar o interese pola lectura, puxemos en marcha dende o 22 de xaneiro o concurso Coñeces a nosa biblioteca? Pode participar todo o alumnado a través dunha sinxela mecánica que consiste en contestar semanalmente a unha pregunta, depositando a resposta nunha urna. No recreo de cada luns sortéase un libro entre as persoas participantes.
.