Skip to Content

CURIOSIDADES

Como esta casa xa vai tendo anos e mirar cara ó futuro non implica esquecer o que deixamos atrás, decidimos inaugurar esta sección de curiosidades. De vez en cando, iremos poñendo á vista de todos un documento, obxecto, feito ou desfeita que se cadra non se coñece e que forma parte da nosa historia.

O LIBRO MÁIS ANTIGO QUE TEMOS NO INSTITUTO - IV

Máis información

O LIBRO DE SINATURAS: VICENTE ALEIXANDRE

No instituto hai un "libro de honra" con sinaturas  de distintas persoas que tiveron algún tipo de relación co centro ó longo da súa historia. Supoñemos que se trata de visitantes, conferenciantes, etc., aínda que en moitos casos non sabemos a vinculación concreta que houbo.

Na primeira páxina do libro, a continuación doutra que non identificamos, figura a sinatura do premio Nobel de literatura Vicente Aleixandre, con data do 10 de agosto de 1964.

O LIBRO MÁIS ANTIGO QUE TEMOS NO INSTITUTO - III

Preme aquí para ter máis información.

Historia general de España 1873

 

O LIBRO MÁIS ANTIGO QUE TEMOS NO INSTITUTO - II

 

Máis información

O LIBRO MÁIS ANTIGO QUE TEMOS NO INSTITUTO

(Preme aquí para ter máis información)

 

A PRIMEIRA PRAZA DE ADMINISTRATIVO

En novembro do 55 facíase pública a convocatoria para cubrir a praza de administrativo do instituto. Como podemos ver nas bases, o salario anual era de 11.333,32 pesetas e entre os méritos, valorábase a pertenza á FET y de las JONS.

(Preme na imaxe para ver o documento aumentdo, en PDF)

convocatoria administrativo

 

MANUAL DO RESINEIRO

A tradición de editar libros ou cadernos de investigación elaborados por profesorado ou alumnado do centro xa vén de vello. O primeiro do que temos constancia é o Manual del resinero, do profesor Alberto Mediavilla, publicado en 1965, do que conservamos un exemplar.

Manual del resinero

TEMPOS DE TUNA

Nalgún lugar do instituto gardamos aínda este bombo de cando o centro contaba con tuna propia.

bombo da tuna

O INSTITUTO NO NO-DO

Houbo un día no que a inauguración do edificio que agora nos acolle saíu no NO-DO. Así eran as cousas daquela. 

 Para ver o vídeo, preme na imaxe  e escolle "Franco en Galicia" no listado: 

O instituto no NODO

 

ADQUISICIÓN DUN AUTOMÓBIL...!!!

Nun vello libro de actas atopamos un acordo do claustro que nos chama algo a atención: en sesión celebrada o día 27 de novembro de 1965 apróbase por unanimidade unha proposta do Director consistente en comprar "un automóvil de nueve plazas marca "Seat", para uso de los distintos servicios del Centro: tuna escolar, transporte de alumnos, mercancías del instituto, Profesores, etc.".

coche

E nós dándolle voltas á posibilidade de comprar uns ordenadores...

UNHA BOA VIAXE DE FIN DE CURSO

Achégase o remate do curso e se cadra o alumnado dalgún grupo xa ten a cabeciña máis posta na viaxe de fin de curso ca nas clases que aínda quedan. É comprensible.

Habíalles pasar o mesmo ós do curso 1935-1936, que tamén organizaron unha viaxe ben apetecible, segundo se recolle no libro de actas ó que nos referimos nesta mesma sección o mes pasado.

O 27 de maio de 1936 recóllense os acordos dunha sesión na que se aprobou a data para o inicio dunha completa viaxe por Galicia. Decidiuse que se celebrase a partir do 29 de xuño, co seguinte itinerario: Ribadeo - Ferrol - Coruña - Santiago - Pontevedra - Vigo - A Guarda - Vigo - Ourense - Lugo - Ribadeo.

Non imaxinaban aqueles mozos que menos de un mes despois ía comezar a guerra e a vida cambiaría radicalmente para todos.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Ó DOCUMENTO COMPLETO

Viaxe 1936

 

UN LIBRO DE ACTAS DE ANTES DA GUERRA

O instituto creouse nos anos 50 e foi experimentando os cambios acordes coa organización do sistema educativo en cada momento, pero antes da guerra en Ribadeo xa existira un instituto de ensinanza media e conservamos o libro de actas, que vai desde 1928 a 1937.

Sen dúbida, cando alguén escriba a historia do ensino en Ribadeo, a súa consulta ha ser de moita utilidade.

Libro de actas 1928-1937Acta constituínte

...E CHEGARON AS NOVAS TECNOLOXÍAS!: O PRIMEIRO PORTÁTIL.

Non sabemos con exactitude cando nin como, pero o certo é que as novas tecnoloxías acabaron chegando ó instituto e aínda conservamos mostras daqueles primeiros pasos. Non son tempos que vaian moi lonxe, pero as cousas cambian tanto neste ámbito que hoxe chama a atención ver un disquete ou o primeiro portátil que tivemos. Trátase dun Toshiba T1910TS:

portátil 1

portátil 2 

 

portátil 4

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO.

Xa que nestes días están tendo lugar diversos actos en homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento, nós queremos unirnos á celebración dando conta dunha homenaxe que tivo lugar no instituto en outubro de 1958. Daquela cumpríase o centenario do casamento de Rosalía e Manuel Murguía, e para conmemoralo organizaron un acto literario no que participaron como convidados os escritores Álvaro Cunqueiro e Daniel Cortezón, ademais de Gamallo Fierros, que era o Director do centro. Cremos que a iniciativa ten mérito por levarse a cabo nunha época na que as propostas galeguistas non tiñan moi boa acollida por parte das autoridades.

Velaquí unha imaxe do libro de actas na que se dá conta do feito:

centenario Rosalía

 



page | by Dr. Radut