O 16 de maio o alumnado de 2°ESO asistiu a unha visita guiada á Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. Visitaron tamén a Carballeira de Santa Isabel e o cemiterio onte repousan os restos do poeta. Todo isto seguindo un xogo de pistas. A continuación xantaron na área recreativa de Penas de Rodas.
Pola tarde, unha guía recibíunos na Lagoa de Cospeito para darlles a coñecer a gran diversidade ecolóxica deste lugar que forma parte da Reserva da Biosfera Tierras do Miño.