O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a un encontro literario con María Reimóndez para falar de dúas das súas obras: Usha e Volvo! O regreso de Usha. Tocáronse temas como a riqueza da diversidade cultural e lingüística, o feminismo, o mundo do libro ou a tarefa de escribir obras literarias. O estudantado participou activamente formulando preguntas dunha forma moi dinámica.