Skip to Content

María Solar

17 de xaneiro

Hoxe visitou o noso centro María Solar para falar da súa novela As horas roubadas. A actividade, que se puido levar a cabo grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo, estivo coordinada pola profesora Teresa González Piñeiroa

MARÍA SOLAR é licenciada en Xornalismo,  en Bioloxía e diplomada en Maxisterio. Foi directora e presentadora do programa As tardes da galega, na Radio Galega. Na TVG presentou o programa cultural Zigzag diario e outros. Actualmente presenta A Revista Fin de SemanaAdemais, ten colaborado en prensa e revistas e foi actriz de dobraxe.

Autora de varias obras de literatura infantil e xuvenil, polas que recibiu distintos premios. As horas roubadas é a súa primeira novela para adultos.

[MÁIS IMAXES]

 

 

 



page | by Dr. Radut