O departamento de orientación organizou un concurso de marcadores de lectura para usar como agasallo para o alumnado de próxima incorporación ó centro, que nos visitará pronto, e para a comunidade escolar en xeral. Coordinou a actividade a orientadora Raquel Vijande.
O máis votado foi o elaborado por Pablo Fenández Díaz. A continuación os de Violeta Carrero Isla, Paula García Freije e Irene Logares Carvajales.
Pódense ver todos na nosa galería, premendo neste ENLACE