Skip to Content

"Nomeámolas. Existimos!" 8 de marzo: Día internacional das mulleres.


[Alumnado do Comité Lila coa súa coordinadora, a profesora Teresa González Piñeiroa. Podes ver os vídeos do seu último traballo premendo nas imaxes que hai despois do texto ou nos seguintes enlaces]

[VÍDEO 1ª PARTE] - [VÍDEO 2ª PARTE]

Celebramos o 8 de marzo cun magnífico acto organizado polo “Comité lila”.

Despois da lectura colectiva dun texto da feminista Nuria Varela, vimos unha montaxe audiovisual de apenas 22 minutos pero que ten detrás horas de traballo previo: investigar, escoller información, caracterizarse, gravar, montar, ...

Como resultado, temos información e recreación da vida de trece mulleres destacadas de distintas épocas e lugares, entre elas a nosa alumna María Redondo, capitá da selección galega de fútbol sala sub 17, que recentemente se proclamou campioa de España.

Nesta parte final, contamos coa colaboración de alumnos a alumnas de 2º de ESO A, que se xuntan cada recreo para cantar e tocar o piano e a guitarra sen que ninguén llelo pida. Fano porque si, porque lles gusta e porque así sempre podemos contar coa súa axuda para calquera acto.

Coordinou a actividade Teresa González Piñeiroa.

Estamos orgullosos do noso o alumnado!

[Preme neste ENLACE para ver máis imaxes na nosa GALERÍA] [Preme nas IMAXES seguintes para ver os vídeos]

 

 



page | by Dr. Radut