Skip to Content

Comercio xusto

Na última semana de decembro, leváronse a cabo obradoiros cos grupos de 2º ESO. Máis de 80 rapaces e rapazas que reflexionaron sobre o consumo, sobre as condicións de traballo noutras partes do mundo, e sobre a necesidade de favorecer un tipo de consumo ecolóxico e responsable.
 
Durante estes días, tamén xestionaron a venda de produtos alimenticios e de artesanía que cumpren na súa elaboración e distribución os principios do Comercio Xusto.
 
A actividade estivo coordinada por dúas monitoras de Solidariedade Internacional de Galicia. No centro, promoveu e coordinou as actividades o profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía. [MÁIS IMAXES]


page | by Dr. Radut