Skip to Content

Gañadoras II Concurso Escolar EcoEduca

VER VÍDEO

Cinco alumnas de 2° ESO do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo foron gañadoras a nivel nacional da 2ª Edición do Concurso Escolar Ecoeduca: "Haz tu mundo más sostenible" organizado por PortAventura World.
As alumnas: Iria Molejón, Sara Samrawit Otero, Santina Pilar Rocha, Claudia Rañón e Iria López acompañadas polos profesores Andrés Rodríguez e Granadina Díaz do departamento de Física e Química resultaron gañadoras no concurso escolar co proxecto YINCANA CUIDA MEDIO AMBIENTE dentro do Reto: Desechos marinos e como integrantes do equipo "Catedrales do Mar" O premio para o equipo gañador consistía nunha fin de semana en PortAventura World e para o centro un premio en metálico de 1000 € para desenvolver o proxecto. Asistiron a gala de entrega de premios como único equipo galego premiado xunto con outros 4 equipos doutras comunidades gañadores dos outros 4 retos.
O obxectivo do proxecto é concienciar e colaborar na conservación do medio ambiente e ao mesmo tempo demostrar que, aínda sendo menores e adolescentes, poden aportar ideas a partir das cales se poden realizar accións para coidar a nosa contorna e polo tanto o noso planeta.
O proxecto consiste en realizar unha Xincana polo concello de Ribadeo dende a praia dos Bloques ata o faro de Illa Pancha. En dita ruta faranse distintas probas relacionadas coa recollida, clasificación e reciclaxe dos residuos nas praias e sendas costeiras nos distintos puntos por onde discorre.
Os e as participantes poden ser tanto grupos de escolares como grupos de persoas locais ou visitantes que desexen contribuír ao coidado do medio ambiente. A ruta realizarase camiñando os primeiros tramos ata o lugar onde se realicen as probas correspondentes da xincana e o último tramo dende o forte de San Damián ata o faro de Illa Pancha irán en bicicleta, acompañados das alumnas que os guiarán e darán as explicacións e informacións pertinentes en cada lugar. Ao final do percorrido farase o reconto da puntuación e daráselle o premio correspondente ao equipo gañador.
O IES Dionisio Gamallo síntese moi orgulloso deste logro conseguido polas alumnas xa que foron seleccionadas como gañadoras entre 11.000 participantes. As alumnas premiadas sentironse moi satisfeitas co premio e coa aprendizaxe obtida da experiencia, tanto durante a realización do proxecto como na entrega de galardóns, onde puideron descubrir que con esforzo e empeño se poden conseguir ata os retos mais difíciles e que parecen inalcanzables.



page | by Dr. Radut