O último venres de curso puidemos gozar das semifinais e finais dos torneos deportivos que se organizaron durante este curso 23-24.
Dende petanca, bádminton, fútbol-tenis e just dance (nos que se competía por parellas) ata baloncesto, fútbol sala e brilé (nas que se competía en equipos).
Durante toda a mañá puidéronse ver emocionantes partidos de tódalas disciplinas deportivas, nas que o alumnado e profesorado do instituto deixaron grandes momentos cos que facer gozar a unha grada sempre chea e con gran ambiente.
Felicitar a todos e todas os/as participantes que formaron parte dos recreos activos durante todo o curso, e especialmente ós gañadores e gañadoras de cada categoría, que levaron diplomas e regalos polos seus bos resultados.
Que o ritmo deportivo non pare no lES Dionisio Gamallo.
Longa vida ós hábitos saudables entre o noso alumnado.